1-Friburgo de Brisgovia
É a cuarta cidade máis grande de Baden-Württemberg (Alemaña) por número de habitantes, tras Stuttgart, Mannheim e Karlsruhe, con ao redor de 220.000 habitantes e a cidade máis meridional de Alemaña. A cidade independente na rexión administrativa do mesmo nome é sede da subregión ou asociación rexional (Regionalverband) Südlicher Oberrhein e do distrito de Breisgau-Hochschwarzwald.
2-Dresden
É a capital do estado federado de Sajonia, en Alemaña. Limita ao noroeste co distrito de Meißen, ao nordeste co de Bautzen e ao sur co de Sächsische Schweiz-Osterzgebirge. Dresde atópase xusto no centro da conurbación homónima. Situada no centro de Europa, constitúe un nó de transportes fundamental á vez que un centro económico de gran importancia. Esta aglomeración, xunto coa de Chemnitz-Zwickau e a de Leipzig-Ache, constitúen a chamada "rexión metropolitana do triángulo sajón". A poboación total de Dresde supera os 525.000 habitantes e o seu correspondente Regierungsbezirk ou rexión administrativa, o millón e medio.
3-Frankfurt
É a cidade máis poboada do estado federado de Hesse (Alemaña). Con case 680.000 habitantes, é tamén a quinta cidade máis grande do país (tras Berlín, Hamburgo, Múnic e Colonia). Aínda que a capital administrativa de Hesse é Wiesbaden, Frankfurt ten unha importancia histórica e económica maior.
4-Hamburgo
É unha cidade situada ao norte de Alemaña. A cidade forma o seu propio estado federado, cunha extensión de 755 km². A finais de agosto de 2007 tiña 1.763.950 habitantes (4,7 millóns na área metropolitana de Hamburgo, que inclúe partes dos estados veciños de Baixa Sajonia e Schleswig-Holstein), o que a convertía na segunda cidade máis poboada en Alemaña tras Berlín e a sétima da Unión Europea. Ademais, o seu porto é o segundo máis grande de Europa, tras o de Róterdam, e o noveno do mundo.
5-Berlín
É a capital da República Federal de Alemaña e un dos dezaseis estados federados alemáns. Localízase ao nordeste de Alemaña, a escasos 70 km da fronteira con Polonia. Pola cidade flúen os ríos Spree, Havel, Panke, Dahme e Wuhle. Cunha poboación de máis de 3,5 millóns de habitantes, Berlín é a cidade máis poboada do país, así como a segunda cidade en tamaño e a quinta aglomeración urbana entre os países da Unión Europea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario