Entrada 30: Unha viaxe por América #6 Estados Unidos

Hoxe falaremos des cidades máis bonitas de Estados Unidos


1.Nova York


Nova York converteuse nos últimos anos e por méritos propios na capital económica e cultural máis importante do mundo. Nova York ofrece un ambiente e un estilo de vida único que non che podemos contar, hai que vivilo e gozalo.

2.Miami

Miami é diferente ao resto de cidades estadounidenses. A súa privilexiada localización ao sur de Florida convérteo nun destino turístico no que se pode gozar dun clima cálido durante os doce meses do ano.

3.San Francisco

Fundada en 1776 por un frade español e desenvolvida grazas á febre do ouro, hoxe en día San Francisco conta con máis de 800.000 habitantes e é un dos destinos turísticos máis importantes dos Estados Unidos. San Francisco é coñecida polo Golden Gate, a illa de Alcatraz, Twin Peaks ou os "tranvías" que percorren as empinadas rúas da cidade.

4.As Vegas

As Vegas é a capital mundial do entretemento, un verdadeiro parque de atraccións para adultos que non defraudará a ninguén. As Veigas tamén é unha das cidades que máis visitantes atrae no mundo e a cidade que máis creceu no século XX.

5.Chicago

Chicago é tamén unha cidade imprescindible de visita por Estados Unidos, alí poderás visitar o marabilloso Chicago Cultural Centre e gozar da arquitectura da cidade paseando pola beira do río Riverwalk. Unha curiosidade: en Chicago é onde empeza a famosa Ruta 66.

No hay comentarios:

Publicar un comentario