Entrada 32: Unha viaxe por América #8 Canadá

Hoxe vamos a falar sobre cidedes de Canadá.


1.Toronto

Toronto caracterízase por ser unha cidade moderna e dinámica, onde trascurre a maior parte da actividade económica de Canadá. En Toronto poden percorrerse os seus barrios étnicos, cada un cun ambiente particular. Tamén se recomenda visitar a Torre CN, que cos seus 553 metros é a torre máis alta do mundo, e desde ela pódese apreciar unha fermosa vista panorámica da cidade. Outros lugares que visitar son  as illas de Toronto e o porto da cidade.

2.Vancouver

Considerada unha das cidades máis fermosas do mundo, Vancouver está emprazada nunha rexión que se atopa entre as montañas de British Columbia e o mar. As rúas de Vancouver teñen unha mestura de tradicionalismo inglés e actualidade. Algúns dos sitios que visitar en Vancouver son: o porto da cidade e o parque Stanley en pleno centro. Harbour Centre, o parque Reina Isabel e a baía de Howe tamén merecen ser percorridos.


3.Vitoria e a illa de Vancouver

A cidade de Vitoria, capital de British Columbia, atópase ao sur da Illa de Vancouver e na cidade pódese gozar do mellor clima de Canadá. De ambiente inglés, Vitoria diferénciase do resto da Illa, onde a natureza é máis ben salvaxe. Son moitas as liñas de ferry que chegan a Vitoria permitindo ao turista gozar de tamaña beleza.


4.Montreal

Montreal é unha cidade de fala francesa e interesante cultura que se empraza nunha illa no medio do río San Lorenzo. A cidade de Montreal é romántica, animada e moi aberta. Sitios como a Praza Vila María e a cidade subterránea, merecen unha visita nesta fermosa cidade.
Tamén vale a pena pasear pola Cidade Vella, onde poden atoparse numerosas tendas e boutiques, coñecer Mont Royal e a illa de Santa Elena.


5.Ottawa

Situada no marxe sueste da provincia de Ontario, a beiras do río homónimo, Ottawa é a capital de Canadá e a cuarta maior cidade do país. Algúns dos sitios que merecen ser visitados nesta cidade de Canadá son: o Museo de Fotografía Contemporánea de Canadá, a Galería de Arte da Universidade Carleton, o Teatro Centrepointe, o mercado Byward, ou ben algún dos moitos espazos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario