Entrada 31: Unha viaxe por América #7 Chile

Hoxe toca falar sobre as cidades de Chile.


1.Serena


A Serena é unha cidade costeira de algo máis de 250.000 habitantes situada na rexión de Coquimbo, na parte central de Chile. Fundada en 1544, conta co centro histórico máis grande de Chile e unha arquitectura neocolonial que non deixará indiferente a ninguén que visite as súas rúas.


2.Santiago de Chile

Unha cidade que pola súa historia e patrimonio, é de obrigada visita se nalgunha ocasión viaxades ao país. Non vos podedes perder o Palacio da Real Audiencia ( actualmente o Museo Histórico Nacional de Chile ), a Catedral Metropolitana de Santiago, a igrexa de San Francisco ou o Mercado Central. Ademais diso, Santiago de Chile é unha cidade na que se lle dá unha especial atención á cultura, en todas as súas manifestacións.


3.Valdivia
A día de hoxe, Valdivia é unha das cidades fluviais máis belas de Chile, rodeada por incribles paisaxes e parques naturais. Na cidade recomendaríavos que visitedes o Mercado Municipal de Valdivia, a Costanera ata o Peirao Schuster, o Barrio Histórico ou mesmamente o Torreón dos Canelos, tamén o Parque Oncol ou o Santuario da Natureza Carlos Anwandter.

4.Porto de Varas

Porto Varas é unha pequena cidade de pouco máis de 30.000 habitantes situada na provincia de Llanquihue, na rexión dos Lagos.

Sitúase nas beiras do lago Llanquihue, o segundo máis grande de Chile. Polo que esta localización achégalle á cidade unhas paisaxes incribles e unha contorna natural adecuada para aqueles que busquedes tranquilidade e deportes en contacto coa natureza.

5.Viña do Mar

A cidade de Viña do Mar atópase nas cercanias de Valparaiso e relativamente preto de Santiago, razón que en parte responde ao importante fluxo de viaxeiros que ano tras ano rexistra esta cidade. 
A día de hoxe na cidade celébranse dúas dos festivais de cinema e música máis importantes de América Latina. Ademais diso, hai lugares que non podemos perdernos  como o Castelo Wulff, o reloxo de flores ou xardín botánico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario